![]() |
O centro de día Arela abriu as sús portas no ano 2006 tendo como principal obxetivo lograr a través da actividade psico-funcional, a readquisición dunha maior funcionalidade e unha mellor capacidade cognitiva, que aumente a autonomía e independencia dos nosos maiores, para obter unha mellor calidade de vida e benestar social e individual, o que redundará en mellorar o seu estado de saúde. Adaptámonos ás necesidades concretas de cada usuario/a, para poder desenvolver deste xeito o programa psico-funcional específico con cada un/unha. A rehabilitación psico-funcional desenvólvese a través dun programa de actividades cognitivas e funcionais realizadas e apoiadas entre sí. Levánse a cabo de xeito interdisciplinar, personalizado e integral, tratando de maneira preventiva, terapéutica e de mantemento as alteracións que poidan aparecer nas persoas maiores, ben sexa por un proceso patolóxico ou evolutivo. Tras aplicar a valoración xeriátrica de cada usuario/a, lévanse a cabo as actividades do programa de forma invidual ou en pequenos grupos, segundo o nivel asistencial. |